[p. 115]
A o chegar á sua casa D. Luciano y-a familea,
de volta do teatro, quedouse Sabela falando co-a criada que salira á
abrirlles, e díxolle:
¿Agarda vosté todol-os días pol-o
siñorito?
Non siñora. De pirmeiro agardaba pró á él
non lle parecera ben e mandoume deitar.
Pois hoxe agardamos por él as duas no meu
carto.
A o pouco tempo estaba Sabela lendo n'unha
novela y-a criada cosendo.
De pronto parou de ler e díxolle:
Fai xa dous meses que está vosté n'esta casa
e tiven varias veces ganas de perguntarlle canto tempo leva en Madrid.
Cando entrei na sua casa, habería us quince
días que chegara.
Eu pensei qu'en Galicia non falaban as criadas
de servir tan ben o castelan.
Siñora, eu ben non-o falo, porque non son
estudiada, pró en Galicia hastra pol-as aldeas falan o castelan, de
modo que o poidan entender os siñores na ciudá y-as cántigas
que votan cuasque todas son feitas en castelan.
Si, xa sei que choca á moitos qu'os
segadoresque van á Rioja falen entr'eles sempre en
[p. 116]
gallego e cantan cuasi de cote en castelan, pero eu pensei que nas ciudás de Galicia, a xente do pueblo falase no seu dialeuto, como fan
os catalás y-os vascongados, que falan en catalán y-en vascuence.
Ali falamos según cadra; pró conversando
co-as siñoras todas falamos castelan.
Penso que ti sabes ler.
Si, siñora, pouco é, pró sirve pro meu
goberno.
¿Dónde adeprendiche?
N'a aldea, de pequeniña.
Eu coidei que os probes non deprendian á ler,
e menos as mulleres, na tua terra.
Pois por alá por Galicia, mal ou ben, tod-o
mundo sabe ler algo, porque anque sea un probe xornaleiro manda os seus
fillos pol-o inverno á escola. O qu'eu quixera é saber esquirbir algo.
¿Tes moitas ganas de saber esquirbir?
Daba a soldada d'un ano, por saber.
Pois eu ch'adeprenderei si sigues sendo tan
boa muller como hastr-o d'aqui.
¿E tardarei moito en deprender?
¿Porqué ó perguntas? Seica tes o novio
fora.
A criada non respondeu, puxérase acesa com'o
lume, e cando ós poucos istantes mirou Sabela pr'ela, caíanlle duas
bagullas fervendo, que non puido conter por máis que fixo.
¿Por que choras, Berta? ¡Ai, vaites! xa me
decato que tes o novio fora e qu'estás moi namorada d'él.
Non siñora, o meu novio está en Madrid, pró
inda non sei onde vive.
Eso sí qu'é chocante. ¿Pró él non cho
dixo?
[p. 117]
Dendes que se separou de min en Lugo, nonos
volvimos á ver, nin á esquirbir respondeu sopexando Berta.
¡Mal pocado! pouco te quere ese home pra non
ch'haber dito donde vivia.
Berta volveu á churumicar y-entón Sabela
reparando n'ela dixolle.
Non chores muller, qu'homes non che han de
faltar, o conto é que teñas salú. E tocant'a esto, como non consultas
co meu papai, ese mal que che dá de cando en cando pol-o estómago? Non
me gusta nada verte sempre delgada e de mal color, tendo que comer gracias
á Dios, e ademáis sempre triste sin saber porqué.
Mire siñorita: cada un sintille as suas, e
y-eu non podo tomar ningunha meiciña, porque me revolven o corpo y é
pior.
Como se decatará o leutor a criada é a Berta
que veu á Madrid en busca de Caitano.
Anque aquela noite puido detela a policía por
enredos da mai de Caitano, tiveron que deixala marchar ó outro dia.
Chegou á Madrid á casa de seu hirmau, que ven
á ser Pepe, o sereno que atopamos na calle do Carmen auxiliando á
Caitano.
Estivo en cas de seu hirmau us quince dias e
dempois a cuñada, que cosía pra D. Luciano, buscoulle esta casa, donde
están moy contentos con ela, porque guisa ben e parecelles a criada de
mais siso que tiveron.
Berta non s'estrevera á descubrir o seu estado
á seu hirmau.
Tampouco s'estreveu á decirlle á Sabela quen
era o seu novio, porque tiña vergonza de que soupese qu'era un
siñorito, e temía que se decatase da verdadeira causa da sua pena e
dos seus males.
[p. 118]
Asi é que, namentras Sabela cavilaba o modo de
sacarlle as espiñas do corpo á Berta, porque receaba qu'a engañase e
que s'entendese con seu hirmau, Berta discurria tamén a maneira de que
Sabela lle dese algunha noticea de Caitano.
Por eso dempois d'un pouco tempo de pausa,
dixolle Sabela.
A millor meiciña pra tí, supoño que será o
ser ben correspondida.
Poida que si, pró non andan as cousas segundo
un quere.
¿A que si souperas que t'habias de casar co
novio, eras máis feliz do qu'eres?
¡Canté! pró quén sabe eso.
Cando se ten siso hai moitos motivos pra
persumilo.
¿E vosté conoceos?
Si ti eres franca comigo e me das algunhas
noticeas do teu novio, anque eu non-o conoza, podo decirche as moitas ou
poucas probabilidás que terás pra casarte ou non co él. ¿E o teu
novio do teu igoal ou é un siñorito?
Berta calou. Non sabia como responder e Sabela
dixolle.
A o ver que calas, xa me decato qu'é un
siñorito.
¿E porqué?
Porque si fora do teu igoal, non tiñas nin
porque calar, nin porque negarmo.
Tampouco teño porque negarlle qu'é un
siñorito moi goapo, moi alegante e moi listo.
Tres cousas que van en contra de tí.
Non-a entendo.
Pois é ben doado d'entender. Un siñorito
qu'é goapo y-alegante, s'é listo, como dis, non s'ha de casar c'unha
da tua cras, porqu'anque
[p. 119]
ti eres unha muller moi vistosa, non deixas de ser unha criada, que non
ten a aducación nacesaria pra ser muller d'un siñorito de carreira.
Pois outros milagres se viron meirandes,
porqu'eu ô fin e ô cabo son unha muller honrada e nunca quixen á
outro home, e por verbo d'aducación meus pais déronma tan boa como á
calquera. Non parece sinon que solo as siñoritas son ben aducadas.
Non t'enfades Berta por eso, pois eu non
quixen ofenderte. Xa sei que eres ben aducada e unha boa rapaza, pró
¿a ti figúraseche qu'eu non estudiei máis qu'a ti, que non sei máis,
e que non recibin unha aducación diferente da tua?
Eso é certo, pró ¿qué ten que ver?
Pois ten que ver, qu'a min aducaronme pra ser
muller d'un siñorito e non-o deixar mal en ningures y-a tí aducáronte
pra ser muller d'un artesano e sempre asomarial-a orella
y-avergonzarías moitas veces á o home, casada c'un siñorito.
Pró a querelo, ningunha me ganaría y a
servilo y a traguelo contento, tampouco.
Xa o sei, pró non abon'eso.
¿Entón, que máis quer un home que ter unha
muller honrada, facendosa, aforradora, que lle dea gusto en todo e que
coide dos fillos como unha boa mai?
Tod'eso é moi santo e bô; pró inda non
abonda eso pra un siñorito de carreira, non sendo que non leve á
muller a visitas cos da sua cras.
¡Vaites! ¿Non saberá falar, ou?
Algo hai d'eso. Non é que non sepa falar,
sinon qu'unha muller que non puido ser bastante ilustrada nos seus
principios, ou que non-a deprenderon á ser siñora nos pirmeiros anos
da
[p. 120]
vida, s'a poñen á desempeñar o papel de siñora entr'outras qu'o
foron desde nenas, verase en moitos apretos cos que non contaba, e terá
qu'avergonzarse moitas veces, pol as maliciosas risiñas conque
acollerán os seus defeutos d'aducación; e si ten un home qu'a quere,
padecerá moito por eso, e preferirá mil veces o tel a metida na casa
á leval-a â sociedá que lle corresponde, por mor de que no se mofen
d'ela.
Eso é bon de remediar: con ter poucas amigas
y-aquelas da cras que a entendan á unha, e que non anden con tantas
andrómenas, nin sean tan espirriquitadas, acabous'a conta.
Ben, muller, ben: y-o home qu'ande sempre solo
e non teña o pracer d'acompañar á sua mulleriña á todas partes! En
fin, xa vou pensando qu'eso custariache caro entendelo pol-o d'hoxe. O
que che digo é que ten grand'ensinanza pra felicidá dos homes, o
refrán qu'aconsella que busque cada ovella á sua parexa.
Pró o corazón, siñorita, non-o deu Dios pra
fixarse en todas esas cousas cando se namora. E Dios que fai qu'o
corazón do rico poida namorarse d'unha probe, y-o revés, non fixo o
amor intresado, ¿cómo pode ser que solo poidan ser felices, si se
casan os ricos cos ricos e os probes cos probes?
Tes razón, así debia de ser s'os homes foran
todos bos e tivesen concencia; si pr'encobrir os defeutos y-as pasiós
non tiveran que discurrir unha chea de fórmulas sociales, qu'os
escravizan moitas âs veces e âs que viven suxetos pra pasar por ben
aducados e pra gardarse mutuos respetos. Pró no mundo hay que vivir tal
e como está feito y-o que se mete á redentor sai sempre crucificado. E
sinon fíate dos siñoritos verás que pago che han
[p. 121]
dar. Os señoritos pensan qu'as mulleres que son das crases máis
modestas da sociedá, non son dinas da consideración que lles merecen
as siñoritas, e tratan d'engañalas, si poden, pra facer d'elas pan do
vicio, y-as que non saben ter conta de sí, can cuasque sempre burladas.
Pois siñorita, vosté dirá ó que queira
pró eu inda non desconfio do meu novio, é tan bon, é tan listo, é
falábame de tal maneira, que non podo crer qu'houbese engaño n'aquelas
palabras e n'aquelas pormesas.
Muller, perdóname si che digo que, de burro
embaixo non hai menos besta, dixo Sabela inda pensando que falaba Berta
por seu hirmau.
¿Porqué me di eso?
¿Porque serás moi parva, namentras creas
qu'os homes din á verdá cando tratan de burlarse d'unha muller. O que
fan é parecer moi namorados; encher d'aire a cabeza das que conocen que
teñen pouco siso; excitarlles a vanidá y-a espranza de aparentar
máis bonitas indo millor vistidas e namorándoas pouco á pouco con esa
meiga fascinación que fai qu'un home e unha muller, si simpatizan, non
poidan estar xuntos moitas veces sin quererse. O que pasa é, qu'a
muller qu'é un ser máis endebre, namórase máis pronto, ou sin eso,
cai na gayola que se lle tende, y-os homes non tardan en aburrirse da
conquista e deixan unha praza, por boa que sea, pra loitar na toma
d'outra; porqu'a novedá atrai á algús, y-os únecos chascos
qu'algunhas veces se levan é que xuzgan as mulleres como unha ciudá
qu'aparece moi bonita por fora e logo atópanse que por drento non hay
máis que ruinas que s'esborrallan, e lle magoan o corpo, facèndolle
rabear da nova
[p. 122]
conquista, por comprender que trocaron os ollos pol-o rabo.
Eu, siñorita, non lle entendo d'esas
andrómenas.
Pior pra tí.
¿Vosté conoce por casualidá á un siñorito
do meu pueblo, qu'está eiquí estudiando, que se chama Caitano Valin?
Conozo e penso qu'é amigo de meu hirmau.
Non saberá onde vive.
Non. ¿Porqué mo perguntas?
Porque lle dixeron á meu hirmau qu'ese
siñorito tiña moitos amigos, e como é d'aló da terra, queríalle
pedir un favor.
Berta, urdiu tan pronto esta mintira, que
Sabela non receou nada d'ela, e respondeulle.
Pois eu non llo perguntarei á Martiño, e xa
cho direi, porque supoño que tí non terás bastante confianza con meu
hirmau pra facerll'esa pergunta, dixo Sabela mirando sin pestanexar á
Berta.
Tanto me dá, respondeu ela tranquilamente.
¡Que ben disimulan estas gallegas! dixo
Sabela pro seu coleto.
N'esto sintiron rinxir a chave na porta da
calle y-os pasos d'un que subia pol-a escaleira arriba.
E Martiño, dixo Sabela, podes ir á deitarte.
¿Queda vosté sola?
¡Hala! non te deteñas, dixo Sabela con aire
de mando.
A o pouco tempo iba Sabela á salirlle ó
camiño á seu hirmau. |